Club de Mergullo CROA Foto-Sub
Limpezas Submariñas CROA
En CROA, polos nosos estatutos, so podemos sacar do mar imáxes ou basura, por iso organizamos Limpezas de fondos mariños e de praias, onde entre outros obxetivos, procuramos concienciar a xente, sobretodo a os rapaces, pra que coiden do medio mariño.
Pertecemos a Rede de Vixilantes Mariños, dende a sua creación. Si queres saber maís dista Rede, fai click na imaxe do seu logo.
Invitamosche a ver o Vídeo da 1ª Limpeza da Enseada de Aldán, organizada polo noso Club e a Rede de Vixiantes Mariños, na 3ª Limpeza Nacional de Fondos Mariños.
INFORME DE RESULTADOS
O pasado quince de Outubro tivo lugar na Enseada de Aldán e praias de San Cibrán e Vilariño, unha xornada de limpeza de fondos submariños en colaboración coa Rede de Vixiantes Mariños que escolleu esta data para organizar este evento a nivel nacional.
O Club de Mergullo CROA Foto-Sub encarou a organización a nivel local coa idea de contrubuir á concienciación, poñendo o enfoque nos mais pequenos, tentando involucralos na actividade, perseguindo acadar ese obxetivo dende a base.
Con ese fin, contactamos coas directivas dos centros de ensino de Aldán e Hío, tentando involucralos ofertando a utilización didáctica do evento como actividade extraescolar aproveitable dende o punto de vista educativo. A atención e o interés mostrados foron importantes e constructivos.
Sendo este o obxectivo principal, o resultado e ben sendo satisfactorio, atendendo á participación infantil, ao ambiente xerado e aos comentarios recibidos. A actividade didáctica desenrollada por CEMMA foi moi instructiva e impactante para os rapaces. Son uns profesionais que merecen o noso agradecemento e admiración.
A participación en número de voluntarios foi a seguinte:
-
Mergulladores: 21
-
Voluntarios en terra: 130
-
Escolares: 45. Os rapaces anotáronse para un sorteo no que se repartiron as camisetas.
Os resultados da limpeza en cantidade de residuos (achégase follas oficiais dos resultados), foi a seguinte:
-
Total en praias: 717 Kg
-
Total en fondo: 1.583 Kg
Total residuos: 2.300 Kg. Hai que engadir os residuos pendentes de retirar na zona de dunas de Vilariño que quedaron pendentes de retirar co compromiso por parte do Concello. Nun cálculo aproximado o restante pode chegar a acadar os dous mil kilos por tratarse de restos voluminosos de embarcacións destrozadas. Polo tanto o total da limpeza podería superar os 5.500 kg.
Colaboraron con esta organización, ademais da CEMMA, xa mencionda, O Concello de Cangas do Morrazo, A Asociación de Mexilloeiros San Cibrán de Aldán, Xestadelo, Confraría de Pescadores San Cipriano de Aldán-Hío, Supermercados FROIZ e ADEGA, aos que agradecemos a sua colaboración importante e necesaria.
Prensa do Evento. Fai click nas imáxes pra velas ampliadas.